Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

Competencias básicas

  • CB1: Comprensión sistemática dun campo de estudo e dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados co devandito campo
  • CB2: Capacidade de concibir, deseñar ou crear, poñer en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación ou creación
  • CB3: Capacidade para contribuír á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal
  • CB4: Capacidade de realizar unha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas novas e complexas
  • CB5: Capacidade de comunicación coa comunidade académica e científica e coa sociedade en xeral acerca dos seus ámbitos de coñecemento nos modos e idiomas de uso habitual na súa comunidade científica internacional
  • CB6: Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade baseada no coñecemento

 

Capacidades e destrezas

  • CA01: Desenvolverse en contextos nos que hai pouca información específica
  • CA02: Encontrar as preguntas claves que hai que responder para resolver un problema complexo
  • CA03: Deseñar, crear, desenvolver e emprender proxectos novidosos e innovadores no seu ámbito de coñecemento
  • CA04: Traballar tanto en equipo como de maneira autónoma nun contexto internacional ou multidisciplinario
  • CA05: Integrar coñecementos, enfrontarse á complexidade e formular xuízos con información limitada
  • CA06: A crítica e defensa intelectual de solucións

 

Outras competencias

  • CG1: Capacidade para traballar colaborando de forma coordinada en grupos multidisciplinares en proxectos de investigación no ámbito da Física Aplicada
  • CG2: Capacidade de planificar estratexias e avaliar o traballo nunha determinada liña de investigación de acordo cos principios do Método Científico
  • CG3: Capacidade de definir en detalle a fronteira do coñecemento no ámbito da Tese Doutoral e ser capaz de identificar os principais retos de investigación dentro do mesmo
  • CG4: Capacidade para planificar, desenvolver e redactar artigos científicos no ámbito da Física Aplicada
  • CG5: Capacidade de preparar, expor e defender en inglés os resultados e conclusións dun traballo de investigacións ante unha audiencia científica especializada
  • CE1: Coñecer o estado actual da investigación no ámbito do Estado Líquido, así como os retos e desafíos que presentan e as aplicacións prácticas presentes na industria
  • CE2: Coñecer o estado da arte das técnicas de determinación de Propiedades Físicas, e as aplicacións nas que xogan un papel relevante en ciencias e industria
  • CE3: Coñecer o estado do desenvolvemento da investigación en Física de Polímeros, así como as súas perspectivas futuras e súas principais aplicacións prácticas
  • CE4: Coñecer os fundamentos teóricos e a utilidade das Técnicas de Simulación Molecular en distintos ámbitos da Física Aplicada
  • CE5: Coñecer e comprender os últimos avances e innovacións en Tecnoloxías Láser, así como as aplicacións tecnolóxicas que se desenvolveron e as principais propostas de futuro
  • CT1: Capacidade de integrarse e colaborar de forma activa en grupos multidisciplinares que incorporen científicos e profesionais da industria
  • CT2: Ser capaz de expresarse e comunicarse con eficacia utilizando o inglés científico, tanto escrito como falado
  • CT3: Capacidade de escribir informes técnicos presentando os resultados dun traballo científico ou proxecto de investigacións para súa avaliación por parte de axentes externos
  • CT4: Capacidade de avaliar de forma crítica, razoada e xustificada, un traballo ou informe técnico de investigación no mesmo ámbito de coñecemento no que se traballa
  • CT5: Capacidade de traballar de forma autónoma nun ámbito onde a información é fragmentada ou incompleta
  • CT6: Comprender as estratexias e mecanismos que permiten o desenvolvemento de I+D e a transferencia de coñecemento, identificando o rol que xoga a universidade e as súas relacións cos demais axentes involucrados