Os antecedentes do Doutoramento en Física Aplicada das Universidades de Vigo e A Coruña baséase no posgrao de “Física Aplicada” e os programas de Doutoramento “Física molecular e macroscópica de líquidos”, “Aplicacións do láser á física e á enxeñería óptica”, “Ciencia e tecnoloxía de polímeros” e “Física Aplicada” dos departamentos de Física Aplicada da Universidade de Vigo e de Física da Universidade da Coruña. No doutoramento colaboran numerosos centros nacionais e internacionais: Universidade de Santiago de Compostela, Consello Superior de Investigacións Científicas, Universidade de Pau, Universidade de Porto, Universidade de Aveiro, Universidade de Neuquén en Arxentina, Universidade Nacional Autónoma de México, Instituto de Tecnoloxía Química e Biolóxica da Universidade Nova de Lisboa e Laboratorio Oficial de Metrología de Galicia, dependente da Xunta de Galicia.

O Doutoramento en Física Aplicada das universidades de Vigo e A Coruña, foi implantado como posgrao no curso 2006-2007. Dende o principio mantense unha matrícula constante de aproximadamente entre 20 e 25 alumnos anuais. Durante todos estes anos participouse nos programas de mobilidade tanto de profesores como de alumnos, obténdose uns resultados excelentes. Tamén é doutoramento de excelencia e foino na etapa anterior como programa de doutoramento de Física Aplicada.

O Doutoramento está orientado a desenvolver e mellorar a formación dos alumnos das seguintes titulaciones: Enxeñería Industrial, Enxeñería de Telecomunicacións, Enxeñería de Minas, Enxeñería de Materiais, Enxeñería en Automática e Electrónica Industrial, Enxeñería de Camiños, Canles e Portos, Enxeñería Química, Física, Ciencias do Mar, Química, Medicina, Odontoloxía, Veterinaria, Bioloxía, Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, Farmacia, Ciencias medioambientais, Arquitectura etc.

Os departamentos de Física Aplicada da Universidade de Vigo e Física da Universidade da Coruña presentan grupos de investigación relacionados con: Polímeros, Cristais líquidos, Desenvolvemento de produtos de baixo impacto ambiental (como os Líquidos Iónicos, novos disolventes de amplo, nanofluidos, peloides, materiais cerámicos, etc.), Fenómenos de transporte, Métodos computacionais, Ecuacións de estado, Equilibrio e transicións de fase, Física Computacional, Fotónica, Física da atmosfera, Oceanografía física, Ciencia e tecnoloxía Laser, etc.

O historial investigador dos profesores que forman parte do doutoramento vén endosado polo número e a calidade das publicacións, proxectos de investigación tanto nacionais como internacionais, patentes, conferencias por invitación, organización de congresos, transferencia, etc. En todas as liñas os profesores responsables e participantes presentan investigación directamente relacionada coas mesmas.

O programa de doutoramento estruturase ao redor das seguintes liñas:

  • Termofísica de líquidos.
  • Física Aplicada a polímeros.
  • Física Aplicada ao Medio Ambiente.
  • Tecnoloxía Láser Aplicada.
  • Física Computacional.
  • Física Atmosférica.
  • Física Oceanográfica.
  • Polímeros.

Todos os grupos de investigación pertencentes ao doutoramento, e polo tanto todas as áreas de coñecemento e os doutores involucrados no mesmo, participan nestas liñas coordinadoras fundamentais. Dende un punto de vista loxístico e didáctico, esta estrutura proporciona ao doutoramento a necesaria coherencia; dun punto de vista científico, as liñas fundamentais vense reflectidas e sustentadas por diversos proxectos de índole nacional e internacional. Dito doutra forma, as liñas de investigación escollidas dentro do doutoramento teñen un elevado interese no contexto nacional e internacional.

O Doutoramento de Física Aplicada englóbase nas liñas estratéxicas das Universidades participantes. Os promotores deste curso de doutoramento veñen acreditando a realización de proxectos vinculados ao ámbito temático do curso proposto, que ofrece unha elevada versatilidade en aplicacións técnicas e empresariais. Queremos significar, ademais, o especial interese de aplicación das liñas de investigación do doutoramento na contorna local das Universidades participantes.