Competencia básica 11 (CB11)
Comprensión sistemática dun campo de estudo e dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados co devandito campo.
Competencia básica 12 (CB12)
Capacidade de concibir, deseñar ou crear, poñer en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación ou creación.
Competencia básica 13 (CB13)
Capacidade para contribuír á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal.
Competencia básica 14 (CB14)
Capacidade de realizar unha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas novas e complexas.
Competencia básica 15 (CB15)
Capacidade de comunicación coa comunidade académica e científica e coa sociedade en xeral acerca dos seus ámbitos de coñecemento nos modos e idiomas de uso habitual na súa comunidade científica internacional.
Competencia básica 16 (CB16)
Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade baseada no coñecemento.
Capacidade 1 (CA01)
Desenvolverse en contextos nos que hai pouca información específica.
Capacidade 2 (CA02)
Atopar as preguntas craves que hai que responder para resolver un problema complexo.
Capacidade 3 (CA03)
Deseñar, crear, desenvolver e emprender proxectos novos e innovadores no seu ámbito de coñecemento.
Capacidade 4 (CA04)
Traballar tanto en equipo como de maneira autónoma nun contexto internacional ou multidisciplinar.
Capacidade 5 (CA05)
Integrar coñecementos, enfrontarse á complexidade e formular xuízos con información limitada.
Capacidade 6 (CA06)
A crítica e defensa intelectual de solucións.
Competencia xeral 1 (CG1)
Capacidade para traballar colaborando de forma coordinada en grupos multidisciplinares en proxectos de investigación no ámbito da Física Aplicada.
Competencia xeral 2 (CG2)
Capacidade de planificar estratexias e avaliar o traballo nunha determinada liña de investigación de acordo cos principios do Método Científico.
Competencia xeral 3 (CG3)
Capacidade de definir en detalle a fronteira do coñecemento no ámbito da Tese Doutoral e ser capaz de identificar os principais retos de investigación dentro do mesmo.
Competencia xeral 4 (CG4)
Capacidade para planificar, desenvolver e redactar artigos científicos no ámbito da Física Aplicada.
Competencia xeral 5 (CG5)
Capacidade de preparar, expor e defender en inglés os resultados e conclusións dun traballo de investigacións ante unha audiencia científica especializada.
Competencia específica 1 (CE1)
Coñecer o estado actual da investigación no ámbito do Estado Líquido, así como os retos e desafíos que presentan e as aplicacións prácticas presentes na industria.
Competencia específica 2 (CE2)
Coñecer o estado da arte das técnicas de determinación de Propiedades Físicas, e as aplicacións nas que xogan un papel relevante en ciencias e industria.
Competencia específica 3 (CE3)
Coñecer o estado do desenvolvemento da investigación en Física de Polímeros, así como as súas perspectivas futuras e súas principais aplicacións prácticas.
Competencia específica 4 (CE4)
Coñecer os fundamentos teóricos e a utilidade das Técnicas de Simulación Molecular en distintos ámbitos da Física Aplicada.
Competencia específica 5 (CE5)
Coñecer e comprender os últimos avances e innovacións en Tecnoloxías Láser, así como as aplicacións tecnolóxicas que se desenvolveron e as principais propostas de futuro.
Competencia transversal 1 (CT1)
Capacidade de integrarse e colaborar de forma activa en grupos multidisciplinares que incorporen científicos e profesionais da industria.
Competencia transversal 2 (CT2)
Ser capaz de expresarse e comunicarse con eficacia utilizando o inglés científico, tanto escrito como falado.
Competencia transversal 3 (CT3)
Capacidade de escribir informes técnicos presentando os resultados dun traballo científico ou proxecto de investigacións para súa avaliación por parte de axentes externos.
Competencia transversal 4 (CT4)
Capacidade de avaliar de forma crítica, razoada e xustificada, un traballo ou informe técnico de investigación no mesmo ámbito de coñecemento no que se traballa.
Competencia transversal 5 (CT5)
Capacidade de traballar de forma autónoma nun ámbito onde a información é fragmentada ou incompleta.
Competencia transversal 6 (CT6)
Comprender as estratexias e mecanismos que permiten o desenvolvemento de I+D e a transferencia de coñecemento, identificando o rol que xoga a universidade e as súas relacións cos demais axentes involucrados.