Cada curso impartirase cada dous anos, de acordo co calendario elaborado para o período pola Comisión Académica do Programa. O estudante deberá acreditar nos dous primeiros anos a obtención dun mínimo de 10 ECTS.

Recoméndase un mínimo dunha estancia dun mes ao ano (160 horas/ano x 3 anos = 580 horas).

O estudante realizará a súa estancia de acordo co seu director/a e/ou titor/a, segundo seu plan docente, e seguindo a normativa da Comisión.

 

Actividade Duración Carácter Descrición
Exposición do Plan de Investigación
1º ano 1,2
3 ECTS Obrigatorio Cada estudante realizará unha exposición do seu plan de traballo de investigación, no tempo e forma establecido pola CAPD. Nesta presentación non se espera que o estudante expoña resultados concretos, senón só os obxectivos perseguidos e o plan de traballo deseñado.
Seminarios de investigación
1º ano 1 / 1º e 2º ano 2
15 ECTS Obrigatorio Realizaranse seminarios de investigación en cada unha das liñas do doutoramento, impartidas polos profesores especialistas tanto do doutoramento como doutros programas. O obxecto destes seminarios é ofrecer ao estudante unha visión global das liñas de investigación desenvolvidas e a integración de todas elas no marco do programa de doutoramento.
Conferencias de investigación
2º e 3º ano 1 / 3º e 4º ano 2
5 ECTS Obrigatorio Organizaraas a Comisión Académica do Doutoramento, e o seu obxeto será complementario aos seminarios impartidos durante o primeiro curso. Naquel caso suscitábase un nivel introductorio de presentación de liñas de traballo de investigación, que neste caso afondarase complementando esta formación inicial recibida cunha visión actualizada do traballo desenvolvido en cada liña.
Estadías de investigación
2º e 3º ano 1 / 3º e 4º ano 2
30 ECTS Optativo Os estudantes realizarán as estadías de investigación de acordo cos seus directores de teses, segundo o seu plan de formación e seguindo as normas da comisión académica.
Asistencia a Congresos
2º e 3º ano 1 / 3º e 4º ano 2
6 ECTS Obrigatorio O director da tese planificará a presentación dos resultados da investigación en congresos, preferiblemente internacionais.
Preparación de publicacións científicas
2º e 3º ano 1 / 3º e 4º ano 2
9 ECTS Obrigatorio O director da tese planificará a preparación das publicacións en Revistas (preferiblemente do JCR) dos resultados da investigación do doutoramento.

1 Estudantado a tempo completo
2 Estudantado a tempo parcial